22 nov. 2008

Mesa redonda sobre a Axenda Local 21 e a cultura en Casa de Trillo

Catro profesores e investigadores da Universidade de Santiago, pertencentes ao Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental SEPA INTEREA, abordarán nunha mesa redonda as posibilidades da Agenda 21 como medio para a planificación en cultura e desenvolvemento local. As xornadas, que serán presididas polo director xeral de Turismo, Rubén Lois, terán lugar o vindeiro día 29 deste mes, ás cinco da tarde, no establecemento de turismo rural Casa de Trillo, en Muxía, dentro do ciclo anual Encontros na Casa de Trillo.
Ademais do director xeral de Turismo, integrarán a mesa redonda Carmen Morán de Castro, profesora do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social; María Dolores Candedo Bunturiz, profesora na Facultade de Educación da USC; Francisco Xosé Candia Durán, profesor do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, e Laura Cruz López, investigadora.
As xornadas están dirixidas a alcaldes, técnicos municipales de Cultura e desenvolvemento local, investigadores, entre outros interesados nestes temas.
Trabajar en Costa da Morte