A Policía Nacional
conta xa con moita a información sobre este tipo de aloxamentos na cidade
compostelá e está agora mesmo a desenvolver un traballo discreto, de
investigación e comprobación, en base a toda a información analizada sobre este
tipo de prácticas irregulares, das que se está a detectar un incremento, por
parte dos empresarios, tamén noutras zonas especialmente sensibles ao turismo
como son o Camiño Francés e o de Fisterra e Muxía.
Esta xuntanza de
Hostalería Compostela coa Policía Nacional enmárcase dentro dos contactos
estables mantidos entre os empresarios do sector e os corpos e forzas de
seguridade para que Santiago de Compostela e os Camiños sigan a ser destinos
turísticos dos máis seguros de España e que a súa imaxe de calidade non se vexa
afectada negativamente pola proliferación de prácticas irregulares de oferta de
prazas de aloxamentos ilegais, tanto na cidade coma nos Camiños de Santiago.
Neste sentido, os
empresarios do sector turístico fan un chamamento a todas as administracións
implicadas nas actividades socioeconómicas relacionadas co turismo, para
colaborar e erradicar este tipo de prácticas que están a xerar unha imaxe
nefasta de Galicia, cunha crecente oferta de prazas ilegais de aloxamento
vencellada fundamentalmente aos Camiños de Santiago e a Santiago, que é a
cidade galega co maior grao de especialización turística e con maior capacidade
de internacionalización.
Dentro desta campaña
para perseguir a oferta ilegal de hospedaxe, dende Hostalería Compostela, que é
un colectivo con socios en máis de 60 concellos dos arredores de Santiago,
estamos a constatar a proliferación deste fenómeno, especialmente no Camiño
Francés e no de Fisterra Muxía. As prácticas irregulares detectadas na zona
da Costa da Morte están a xerar unha imaxe nefasta desta ruta, aínda cun enorme
potencial de desenvolvemento internacional, polo que Hostalería Compostela está
a por en coñecemento das autoridades competentes toda a información recabada de
negocios de hospedaxe ilegais que están a funcionar no Camiño de Fisterra e Muxía
para que adopten as medidas oportunas co obxectivo de erradicar estas prácticas
que están a afectar moi negativamente a imaxe do fenómeno xacobeo e de Galicia
como destino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario