1 nov 2012

O apartamento turístico, o aloxamento que máis medrou en ocupación en setembro en Galicia

O número de visitantes aloxados en establecementos extrahoteleiros de Galicia aumentou un 7,5% durante o pasado mes de setembro, respecto do ano anterior durante o mesmo período, segundo os datos que hoxe mesmo fixo públicos a Xunta de Galicia. O número de pernoitas subiu tamén un 10,7%. E dentro dos establecementos extrahoteleiros, a modalidade que máis medrou foi a dos apartamentos turísticos, cun 34,1% en número de viaxeiros e un 32,8% en cifra de pernoitas. Os segundos en crecemento foron os acampamentos, que aumentaron os clientes nun 5,4% e as pernoitas en nun 7%. O turismo rural mantense en viaxeiros e medra un 1,7% en pernoitas.
En canto á procedencia dos turistas, no acumulado do ano rexistrouse un considerable incremento do turismo internacional, medrando nun 1,7% nos nove primeiros meses do ano. O número de clientes de fóra das nosas fronteiras rexistrou un récord, con 700.149 aloxados.O peso do turismo internacional foi dun 23,6% en viaxeiros aloxados, máximo histórico, rexistando un incremento de 1,5 puntos respecto do pasado ano.

                                         Apartamento Touriñán, en Casa de Trillo

No hay comentarios: