Desde Casa de Trillo, recomendamos dúas rutas a todos aqueles amantes do turismo ornitolóxico, elaboradas por Turgalicia. Unha sería de longo percorrido, desde Fisterra a Camariñas, para realizar en coche, e outra, máis curta, para facer camiñando ou en bicleta pola parroquia de Nemiña, a uns dez minutos da nosa casa.
Ruta Costa da Morte (en coche):
· Roteiro longo: Cabo de Fisterra - porto de Fisterra - praia de Langosteira - Sardiñeiro - praia do Rostro - Lires - boca da ría de Lires (zona sur) - Lires - Loalo - Cabo Touriñán - Viseo - Martineto - praia de Lourido - Muxía - Os Muíños - praia de Lago - Leis - Ponte do Porto - Camelle - Arou - cabo Tosto - punta das Forcadas - cabo Vilán - Camariñas - Area da Vila (91 km).
Interesante especialmente entre setembro e xaneiro. Desde o cabo de Fisterra (Corvus corax, Morus bassanus, Calonectris diomedea), seguimos pola AC-4408 cara o porto de Fisterra (Larus hyperboreus, Sterna hirundo, Alca torda) e logo pola AC-445 cara a praia de Lagosteira (Calidris alba, Sterna sandvicensis). Na veciña aldea de Sardiñeiro, tomamos o desvío para Sardiñeiro de Arriba e Rapadoira ata a praia do Rostro (Charadrius alexandrinus, Larus argentatus, Calonectris diomedea). Atravesando Padrís, seguimos ata A Canosa e a beira sur da ría de Lires, con mellores perspectivas sobre a praia de Nemiña (Larus melanocephalus, Larus canus, Larus argentatus) e piscifactoría (única localidade regular de Larus glaucoides en Galicia, Larus argentatus, Larus marinus). Regresamos desta volta á aldea de Lires e seguimos pola CP-2301 ata A Pereira e pola estrada a Touriñán cruzando Frixe e Loalo (Emberiza citrinella, Passer montanus, Fringilla montifringilla) ata o Cabo Touriñán (pasaxe de aves mariñas, Corvus corax, Falco peregrinus).
Volvendo 2 km sobre os nosos pasos, tomamos a estrada CP-5201 a Viseo (Caprimulgus europaeus, Pyrrhocorax pyrrhocorax), seguindo ata Martineto, Cuño (Corvus corax) e a praia de Lourido (centos de Larus fuscus no outono, passeriformes migrantes), moi preto de Muxía (Larus marinus, Uria aalge, Sterna hirundo). Pola AC-414 chegamos a Os Muíños, para seguir pola CP-4010 ata a praia de Lago (Melanitta nigra, Gavia immer) e, logo duns km, ata Cereixo e Ponte do Porto (Cygnus olor, Alcedo atthis, Phylloscopus ibericus). Torcendo á dereira pola AC-432, chegamos ao cruce cara Camelle, vila mariñeira con rexistros de Phalaropus fulicarius, Sterna hirundo e Larus marinus. Retrocedendo 1 km, tomamos o desvío a Arou, pasando por Santas Mariñas e a praia de Trece, ata o Cemiterio dos Ingleses (Pyrrhocorax pyrrhocorax, Plectrophenax nivalis, pasaxe de aves mariñas). Seguindo pola pista chegamos á punta das Forcadas, o mellor miradoiro sobre o Vilán de Fóra (única colonia galega de Uria aalge e a maior de Rissa tridactyla). No cabo Vilán podemos observar aves migrantes (Saxicola rubetra, Oenanthe oenanthe) e residentes (Pyrrhocorax pyrrhocorax, Phalacrocorax aristotelis). Seguimos o roteiro ata o porto de Camariñas (Larus hyperboreus, Alca torda, Sterna hirundo) para finalizar na praia de Area da Vila (Melanitta nigra, Sterna hirundo, rexistro de Sterna forsteri).
Consulta o roteiro en Google Maps:
http://www.turgalicia.es/turismoornitoloxico/roteiro.asp?zona=8Roteiro_longo_CostaDaMorte.kml
Halcón peregrino (falco peregrinus).
Ruta por Nemiña (camiñando ou en bici):
Nemiña (Muxía): Vilela de Nemiña - Nemiña - Talón - agra de Nemiña - praia de Nemiña - pista nas dunas - monte Nemiña - Vilela de Nemiña.
· Dificultade: baixa.
· Duración: 3-4 h.
· Datos básicos: comezamos na aldea de Vilela de Nemiña (Caprimulgus europaeus, Pyrrhula pyrrhula), seguindo ao oeste ata Nemiña e logo cara o núcleo de Talón (Passer montanus). Discorrendo polos prados (agra de Nemiña) ao sur desta aldea (Anthus richardi, Alauda arvensis, Turdus iliacus) chegamos á praia de Nemiña (Larus marinus, Larus argentatus, Larus melanocephalus). Seguindo a praia cara o sur, podemos ollar Calidris alba e Charadrius alexandrinus. No extremo sur da praia (láridos), atravesamos as dunas por un camiño, e chegamos a un pista pola base da duna rampante (Sylvia undata, Pyrrhocorax pyrrhocorax, Corvus corax), discorrendo ao noroeste pola falda do monte Nemiña ata as inmediacións da aldea de Vilela.
Consulta o roteiro en Google Maps:
http://www.turgalicia.es/turismoornitoloxico/roteiro.asp?zona=8Roteiro_F.kml
Gaviota polar (larus glaucoides)
No hay comentarios:
Publicar un comentario