13 may 2012

Homenaxe as nosas Letras desde Casa de Trillo

Muxía é un deses lugares que chama para vivir a semana das nosas Letras. Falamos dunha terra que foi cantada por numerosos e soados poetas: Federico García Lorca, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Gonzalo López Abente... Algúns deles vencellados tamén a Nemiña e Touriñán.
Ao longo desta semana nas habitacións de Casa de Trillo teremos libros en lígua galega, ao igual que no salón de ocio. Queremos así rendir unha pequena homenaxe aos nosos autores.
De seguido, algúns versos adicados a Muxía:

"... entrou no santuario paseniño
a aos pes da Santa que no altar se adora,
na campaña souril do sol e a lúa,
con sinxelo fervor así lle implora:
- Eu quero navegar... ¡Miña Señora,
déixame navegar na barca túa!"
(Gonzalo López Abente)

¡Canta xente..., canta xente
por campiñas e por veigas!
¡Canta polo mar abaixo
ven camiño da ribeira!
¡Que lanchas tan ben portadas
con aparellos de festa!
¡Que botes tan feituquiños
con tan feituquiñas velas!
Todos cargadiños veñen
de xentiña forasteira,
e de rapazas bonitas
cura de tódalas penas.
¡Cantos dengues encarnados!
¡Cantas sintas amarelas!
¡Cantas cofias pranchadiñas
dende lonxe relumbrean,
cal si fosen neve pura,
cal froles da primaveira!
¡Canta maxesa nos homes!
¡Canta brancura nas nenas!
I eles semellan gallardos
pinos que os montes ourean,
i elas cogolliños novos
co orballo da mañán fresca.

(Rosalía de Castro)

Eduardo Pondal

Gonzalo López Abente



Rosalía de Castro



Federico García Lorca








No hay comentarios: