6 ene 2012

Os restos mortais de Díaz Pardo, no Museo do Pobo Galego

Todos os que o desexen poderán dar durante a mañá de hoxe o último adeus ao ilustre galeguista Isaac Díaz Pardo no Museo do Pobo Galego, a onde serán trasladados os seus restos mortais desde A Coruña. Para as  catro da tarde está previsto o seu enterro no cemiterio de Boisaca, na Compostela que o veu nacer hai 91 anos. Non cabe dúbida de que aló onde estea seguirá sendo humilde e sinxelo. Descansa en Paz, Isaac.

No hay comentarios: