5 ene 2012

Galicia está de loito, morreu Isaac Díaz Pardo

Galicia está de loito. Esta mañá deixávanos para sempre Isaac Díaz Pardo, con 91 anos, un dos homes grandes da nosa terra. Foi quen de superar moitos e difíciles atrancos na súa dilatada e fructífera vida, pero unha neumonía acabaou co latexar do seu corazón a primeiras horas desta mañá no hospital coruñés de San Rafael.
Á hora de falar de Isaac, todo o mundo o definía como intelectual, artista, creador, escritor, polifacético... Sí era todo eso e moito máis, pero sobre todo era un gran amigo e defensor da súa querida Galicia. Non cabe dúbida de que a súa formación e educación estaban moi marcadas polo contacto que mantivo cos intelectuais da súa época: Castelao, Vicente Risco, Cabanillas e moitos máis. Medalla de Ouro al Mérito en Bellas Artes en España, Medalla de Ouro e fillo predilecto de Santiago de Compostela, Premio Otero Pedrayo, doctor Honoris Causa pola USC, son só algúns da súa amplísima nómina de recoñecementos. Estudou Belas Artes na escola madrileña de San Fernando, para logo ser profesor na Real Academia de Belas Artens de San Jorge, en Barcelona. Xa en Galicia, entre outras moitas cousas, creou en Sada Cerámicas do Castro.
Os que desexen darlle o último adeus poden facelo na sá número 6 do tanatorio Servisa, en A Coruña. Descansa en Paz, Isaac. Aló onde esteas, seguirás creando e queréndolle á túa Galicia.

No hay comentarios: