12 ene 2012

Encontro da Asociación Galega de Desenvolvemento Local en Casa de Trillo

REUNIÓN DE TRABALLO DE AFIPRODEL


Lugar: Casa de Trillo, Muxía

Día: 15/01/2012

Os axentes de emprego e desenvolvemento local creamos unha asociación

(www.afiprodel.org) de profesionais que agora ten ámbito galego. O

Director Xeral de Emprego na última reunión mantida con el invitounos a

presentarlle unha proposta para desenvolver no 2012 na

Costa da Morte, como proxecto piloto, e que tería como liñas

prioritarias:

- Coordinar ás administracións públicas que traballan nun
territorio (oficinas de emprego, extensión agraria, concellos,....)
- Visibilizar o traballo das Axencias de Desenvolvemento Local
- Crear territorios proclives ao florecemento de actividade económica.
Este último punto é o que pretendemos debater na fin de semana. E
para iso pretendemos xuntar a un grupo de expertos e a profesionais de
desenvolvemento local.
O programa sería o seguinte:
Venres, 13/01/2012
Pola tarde, recepción de participantes
Cea
Tertulia nocturna

Sábado, 14/01/2012
9:00 Almorzo en Casa de Trillo
10:00 Sesión de traballo
Presentación de Afiprodel
Presentación do proxecto “Foros de
Desenvolvemento Local”
Intervencións dos expertos invitados (Universidade de Santiago, Universidade da Coruña, técnicos varios)
Debate e posta en común
14:00 Xantar
Se o tempo o permite, daremos un pequeno paseo
pola aldea de Santa Mariña
16:30 Elaboración dun documento que conteña:
o Resumo das intervencións da mañán
o Vias de cooperación coas persoas presentes
o Propostas para liñas de traballo do colectivo de AEDL
18:00 Visita a Muxía, se o tempo o permite
21:00 Cea

Domingo, 15/01/2012
Almorzo e despedida

No hay comentarios: