10 sept 2011

Vimianzo rendíu homenaxe a Antón Mouzo

Vimianzo rendíu onte unha xusta homenaxe ao artista local Antón Mouzo, falecido aos 50 anos e que levou o nome do pobo por cidades coma Nueva York, Berlín, Bogotá, entre outras partes do mundo. Presidido polo alcalde, Manuel Antelo, no fermoso acto, que tivo como marco a Casa de Cultura, déronse cita unhas 300 persoas, entre as que había artistas, escritores e amigos do homenaxeado de distintas partes de Galicia. Ademais do rexedor, intervirón para falar de Mouzo o escritor Xosé Manuel Villanueva e a artista muxiana Viki Rivadulla, os dous amigos persoais de Antón. Seguidamente, foi inaugurada a sá de exposicións permanente que leva o nome de Antón Mouzo. Orgullosos do noso, así como unha mostra do creador soneirán. Sen dúbida, un acto deses que fan historia nun pobo.



No hay comentarios: