Asociación de Amigos do Liño, que preside a infatigable Carmen Riveiro, celebrará o vindeiro día 9 de abril a XVII Exaltación da Fía do Liño, un acontecemento que reunirá a unhas 500 persoas no pabillón polideportivo de Baio, gustosamente acondicionado para o casión.
As actividades darán comezo sobre a unha da tarde, hora na que haberá unha demostración de fiado, na que amosan a súa destreza nenas, outras non tan nenas e señoras maiores. Coma de costume, o xantar, típico da época, será a base de migas de pan con chícharos, patacas con bacallau e, de postre, papas de arroz. Os presentes degustarán tamén troitas, doadas por Isidro de la Cal. Para a nimar a xornada, panderetiras, cantareiras e regueifa, rematando cun baile, con atracción musical incluida.
Este ano hai un cambio recpecto de edicións anteriores. O desfile de moda será sustituido por unha exposición de textil fogar, complementos e moda. Todo elo feito en liño artesanal. Os interesados en participar poden retirar as entradas no Bar Cruce, da Baio, na sede de Amigos do Liño, tamén ou en Baio, ou por medio do teléfono 696268923. Colaboran coa exitosa iniciativa Deputación de A Coruña, Xunta de Galicia, Concello de Zas e APTCM.
¡Bo proveito a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario