O mundo da cultura galega darase cita mañá en Muxía para presentar en sociedade a Fundación Gonzalo López Abente. Ás once e media da mañá estarán no salón de plenos do concello, entre outros, Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega; Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación de A Coruña; Francisco Díaz-Fierros Viquiera, membro do Consello da Cultura Galega; Juan José Casares Long, reitor da Universidade de Santiago; José María Barja Pérez, reitor da Universidade de A Coruña; Luís Eugenio González Tosar, presidente do PEN Galicia, e Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Língua Galega. Por suposto, asistirán tamén o alcalde muxiano, Félix Porto, e os patronos e impulsores da Fundación: Xan Fernández Carrera, Viki Rivadulla Conde, Xosé Henrique Rivadulla Corcón, Xesús Sambade Soneira, Arturo Suárez Varela, Manuel Vilar Álvarez e Miro Villar.
A nova entidade ten por obxectivo principal o promover e difundir o coñecemento da vida e obra do escritor muxián López Abente, así como doutros autores que utulizaron a língua galega alomenos en parte da súa obra. Longa vida á Fundación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario