A posta en marcha da Fundación Gonzalo López Abente converteu onte a Muxía nun referente cultural galego. No salón de plenos muxián déronse cita persoeiros coma o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda; Francisco Díaz-Fierros, en representación do Consello da Cultura Galega, Juan José Casares, reitor da USC; José María Barja, reitor da UDC; Luís Tosar, presidente do PEN Galicia; Caesáreo Sánchez, presidente da Asociaicón de Escritores en Lingua Galega, entre otros. Todos eles, xunto co alcalde muxián, Félix Porto, e os demais patróns e impulsores da entidade -intelectuais da comarca- asinaron ante a notaria Ana Mallada a aceptación do cargo de membros da entidade.
O rexedor muxián comprometeuse a por en valor o patrimonio muxián, e o escritor ceense Miro Villar fixo na súa espléndida laudatio un amplo repaso pola vida e obra do ilustre poeta muxián.
O máximo responsable da Real Academia Galega Méndez Ferrín é partidario de que se publique a obra de Abente e se leva a cabo una revisión crítica de mesma, e o presidente da Deputación coruñesa, Fernández Moreda resaltou o gran traballo de por en valor a obra dunha persoa que formou parte "da nosa historia".
Tras as intervencións, todos os asistentes se dirixiron ó camposanto muxián, onde, ante a propio tumba de López Abente, se fixo unha ofrenda floral e se levou a cabo un emotivo recital poético. Como broche final, tras ser descuberta unha placa, a a Coral Virxe da Barca interpretou na Casa das Beiras, sede da Fundación, o himno á Nosa Señora, por primeira vez en galego, obra do propio Don Gonzalo. Sen dúbida, un día grande para Muxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario