3 abr. 2009

Casa de Trillo, en la red Finisterrae Supremum


Desde Casa de Trillo estivemos traballando nos tres últimos anos con outras empresas da zona, baixo a tutela da asociación Adterra. O fin deste esforzo era poñer en práctica redes de empresas que nos permitiran sacarlle un mellor partido a todos os productos que temos na Costa da Morte.
Barro de buño, liño de Carmen Riveiro, cerámica de Nacho Porto, porco celta de Carnicería Antelo, o turismo activo de Meigalicia, Buceo Finisterre e Cataventos, as tendas de Vitualla e Regalo Colonial, restaurantes, aloxamentos e moitos outros forman parte desta rede. Os interesantes paquetes que creamos pódense coñecer na web que creamos.