Esta pasada noite arrancamos con Outono Gastronómico 2012, unha iniciativa na que participa Casa de Trillo desde que, moi intelixentemente, Turgalicia a puxo en marcha.
Os nosos primeiros comensais, de Narón e encantadores, elixiron nesta oocasión o Menú 2. Degustaron, de entrada, Espetada castrexa con froitos da Costa da Morte; de primeiro prato, Tella de percebes de Touriñán; de segundo, Cazolada celta de polbo con chícharos e arroz, e de postre, Trisquel de castañas. Todo regado cun tinto de Valdeorras, e oruxos varios, claro.
Os que opten polo Menú 1 poderán saborear Petiscos do frade con roxóns e queixos, Filloas monacais recheas de mexillóns e nabizas con prebe de marisco, Ola de porco celta á augardente de herbas con patacas do Foro de Santa Mariña, e de postre, Tentación de flan de hovo e outros doces do casal.
Que aproveite!!!
Espetada castrexa con froitos da Costa da Morte
Tella de percebes de Cabo Touriñán
Filloas monacais recheas de mexillóns e nabizas con prebe de marisco
Cazolada celta de polvo con chícharos e arroz
Trisquel doce de castañas
Os noso primeiros comensais do Outono, de Narón e encantadores
No hay comentarios:
Publicar un comentario