25 abr 2012

Muxía rendirá homenaxe a López Abente

Muxía rendirá no vindeiro mes de maio homenaxe ao seu máis sonado escritor, Gonzalo López Abente. Sobriño de Eduardo Pondal -fillo dunha irmá deste-, o autor da vila da Barca foi un destacado poeta, dramaturgo, narrador e un gran activista cultural.
Dentro do programa elaborado polo Concello muxián con motivo das Letras Galegas, o mesmo 17 de maio terá lugar a xa tradicional ofrenda floral no monumento ao escritor, á entrada da capital municipal. Ademais, serán inauguradas placas conmemorativas na casa na que vivíu o poeta e no Cabo da Grixa, lugar de nacemento. O percorrido irá acompañado de lectura de poemas, organizado pola Fundación López Abente.
O día 26, ás sete e media da tarde, será presentada na Biblioteca Municipal a obra A narrativa mariña de Gonzalo López Abente, unha edición de Xesús Sambade.

Uns versos do poema Eu quero navegar, de López Abente:
"... entrou no santuario paseniño
a aos pes da Santa que no altar se adora,
na campaña souril do sol e a lúa,
con sinxelo fervor así lle implora:
- Eu quero navegar... ¡Miña Señora,
déixame navegar na barca túa!"


No hay comentarios: