29 dic 2011

Vimianzo premia aos mellores escaparates

Pese a mala situación económica do momento, a Costa da Morte está activa neste Nadal. Hoxe mesmo, o Concello de Vimianzo acaba de facer público  o fallo do Concurso de Escaparates. O premio ao expositor máis navideño foi para Perfumería Pose's, e o concedido ao maís creativo recaeu en Moda Ágabe. As novas tecnoloxías foron incluidas no concurso, e así, un 60% da puntuación viña dado polo número de "Me gusta" en facebook. Parabéns aos gañadores e a todos os participantes.
Imaxes dos gañadores:




No hay comentarios: