18 dic 2011

Unha interesante visita á feira ecolóxica Terra Activa, en Arzúa

No día de hoxe achégamonos a Arzúa para visitar a feira ecolóxica Terra Activa. Casualmente, chegamos e topámonos cunha mesa redonda cobre o Rexurdir Medioambiental da Costa da Morte. Percorrendo o recinto feiral, poden verse artesanías de tecidos (LANaMAN), traballos manuais en papel (Feito con xeito), productos naturais e ecolóxicos de alimentación, terapias alternativas... Hai tamén unha cafetería ecolóxica, xogos da terra, enerxía solar, etc.. Paralelelamenrte desenvólvese un amplo programa de mesas redondas e obradoiros, entre eles un de queixo e outro de instrumentos tradicionais. En definitiva, unha proposta que paga a pena. Moi pegada á terra. Parabéns desde Casa de Trillo para a organización. A continuación, unha imaxe tomada na feira.

No hay comentarios: