22 dic. 2011

Encaixe das nosas palilleiras para un convento de Valencia

A antigüidade do Encaixe de Camariñas sitúase na Idade Media e, un dos usos máis estendidos dende séculos eran as ofrendas que reis e nobres facían á Igrexa. Pois ben, seguindo nesta liña a Asociación Rendas de Camariñas acaba de palillar un encargo para o convento “Las Hermanas de los Ángeles de Valencia”.

O encargo foi froito de contactos realizados na anterior edición de A Mostra do Encaixe de Camariñas, consiste en 3 manteis de altar, de 3 m. de largo por 40 cm. de ancho, e un mantel de sagrario realizado todo en encaixe. O motivo de encaixe é o coñecido como A Simona, típico da vila camariñá. Para este pedido estiveron palillando durante 4 meses entorno a 10 palilleiras. Parabéns para as nosas sabias palilleiras desde Casa de Trillo.