19 nov 2011

Xuntanza de Slow Food Galicia en Vimianzo

Responsables do Convivium Slow Food Galicia mantiveron unha xuntanza en Vimianzo, na que deseñaron as actividades a desenvolver nos vindeiros meses. O encontro fixérono no marco do Vimianzo Gastronómico. Comparte Outono, co que colabora este movemento. Tras a reunión, os participantes degustaron un menú do devandito programa nun restaurante vimiancés, aó que se sumou tamén o alcalde da localidade, Manuel Antelo.
Dentro das actividades a desenvolver, o vindeiro mes levarán a cabo un encontro gastronómico na localidade carnotana de Lira, con motivo da celebración do Terra Madre Day, e que será a base de productos ecolóxicos. Para o vindeiro mes de marzo organizarán unha xornada no concello de Bueu, coincidindo con Festa do Millo Corvo, que organiza a asociación cultural Meiro. Xa para o vindeiro verán proxectan desenvolver unhas xornadas en varias pobos da Costa da Morte, nas que se complemetarán gastronomía e territorio, combinando degustacións de productos con roteiros de sendeirismo.
O Convivium Galicia traballa tamén na inclusión de máis productos no catálogo Arca do Gusto. A comisión nacional española celebrarase o vindeiro día 17 de decembro, polo que os productos que opten a este recoñecemento deberán presentar a súa ficha con anterioridade. O paso seguinte sería a consecucuión de restaurantes Km. 0, establecementos que deberán ter nas súas cartas alomenos cinco productos Slow. Para máis información, poden dirixirse ao correo electrónico prensa.slowfoodgalicia@gmail.com. A ver se conseguimos moitos productos na Arca do Gusto, para logo comezar cos restaurantes Km 0. Unha filosofía de vida que paga a pena.




No hay comentarios: