26 nov. 2011

A TVG de novo na Casa de Trillo

Na Casa de Trillo abrímoslle de novo onte as portas á TVG. Nesta ocasión visitáronnos os reporteiros do programa A Revista, para os que lle preparamos dous pratos tradicionais: Follados con talladas de porco celta e fritada de raxo de porco celta, un dos productos estrela da nosa casa. Regados cun Mencía, claro.