28 oct 2011

APTCM apoia a grabación dun documental sobre o Camiño de Fisterra-Muxía

Un grupo de México, entre os que se atopaban responsables dunha operadora de turismo holístico, visitou estes días Costa da Morte da man da Asociación de Turismo da Costa da Morte (APTCM). Visitaron, entre outros, Carnota, a fervenza do Ézaro, o Castelo de Vimianzo, Cabo Vilán, Muxía e Fisterra. O turismo holístico entende cada viaxe como unha travesía as esencias, como experiencias únicas en lugares e rutas totalmente máxicas. Así, dentro destes circuítos destacan a Ruta Inca, Exipto, Avalo – Stonehenge, (Inglaterra), Arxentina ou Chile, e por suposto, o Camiño de Santiago, concibido como un camiño, non so para chegar, senón mais ben para descubrir cara onde ir. Durante a súa peregrinaxe, este grupo aproveitou a ocasión para rodar un documental sobre o Camiño e o seu final na Costa da Morte que será difundido en diversos medios latinoamericanos. Os integrantes da expedición son cidadáns mexicanos de alto poder adquisitivo. Na imaxe, o grupo nas pedras máxicas do santuario da Barca de Muxía.

No hay comentarios: