30 sept 2011

Muxía convoca el II Maratón Fotográfico Ramón Caamaño

El Ayuntamiento de Muxía y la Asociación de Turismo Rural de Muxía, de la que forma parte Casa de Trillo, acaban de convocar la segunda edición del Maratón Fotográfico Ramón Caamaño, en el que se distribuirán 2.100 euros en premios, además de varios fines de semana en los establecimientos rurales del municipio. Este año se han establecido varias novedades: ún mes de plazo para hacer las fotografías, tres temas diferenciados a fotografíar, más premios, entre otras.
Además de una imagen del mítico Ramón Caamaño, se acompañan las Bases y la Hoja de Inscripción para participar en el maratón. Quedais tod@s invitad@s.


BASES MARATÓN FOTOGRÁFICA “RAMÓN CAAMAÑO


PRESENTACIÓN

Esta maratón fotográfica está organizada polo Concello de Muxía e a Asociación de Turismo Rural Muxía Natural.
Con esta maratón a organización proponse sobre todo manter viva a memoria do fotógrafo muxián Ramón Caamaño, así como a promoción do patrimonio muxián, a dinamización turística e cultural do concello e a promoción da fotografía como actividade artística e de lecer.

DATAS DE REALIZACIÓN:
Do 15 de outubro ao 15 de novembro.

INSCRICIÓN E PARTICIPANTES
A inscrición será de 10 € por participante.
Poderá participar calquera persoa maior de 16 anos (con autorización dos pais ou titores se o/a participante é menor de idade)

FORMA DE INSCRICIÓN:
Nas oficinas do Concello de Muxía,
ou por e- mail: maria.rivadulla@muxia.dicoruna.es
O formulario de inscrición aparecerá publicado na web do Concello de Muxía e das casas da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural, tamén poderá obterse nas oficinas do Concello.
Para inscribirse é necesario presentar copia do ingreso da taxa (que pode entregarse persoalmente coa inscrición. Se a inscrición se fai por mail, enviarase escaneado ingreso da taxa de participación xunto coa folla de inscrición. Entregarase o orixinal da folla de inscrición debidamente asinada xunto co orixinal do pago da taxa nas oficinas do Concello de Muxía cando se recolla a documentación de participación,)
O prazo de inscrición remata o 14 de outubro.

RECOLLIDA DE ACREDITACIÓNS E MATERIAIS
Unha vez rematado o prazo de inscrición, - a partir do día 15 de outubro- os participantes deberán pasar polo Concello de Muxía a recoller a documentación de participación.
Se lles entregará un cartafol coas bases, as instruccións adicionais e un documento , que devolverán debidamente asinado, de participación e de cesión dos dereitos de exhibición e utilización das fotografías presentadas para o Concello de Muxía e para as casas da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural. Sen asinar este documento non poderán ser admitidos a concurso.

PRAZO DE REALIZACIÓN E RECEPCIÓN DE FOTOGRAFÍAS
As fotografías realizaranse libremente, unha vez recollida a documentación, a partir do 15 de outubro e ata o 15 de novembro; deberán ser entregadas no Concello de Muxía coa data límite de entrega do 15 de novembro.

TEMAS
Os temas que serán obxecto das fotografías serán tres:
· Tema A: entorno natural
· Tema B: patrimonio arquitectónico e etnográfico
· Tema C : establecementos de turismo rural
Cada participante deberá entregar un máximo de 5 fotografías para os temas A e B e un mínimo de 1 fotografía para os mesmos.
Para o tema C, deberá entregarse un conxunto de 5 fotografías (unha de cada establecemento pertencente á Asociación Muxía Natural, ben do exterior ou ben do interior das casas) ou ben unha montaxe na que aparezan reflexadas as cinco casas (mural feito a partir de cinco fotografías, unha por cada casa). Só pode entregarse ou un conxunto das 5 fotografías ou ben un mural.

FORMA DE PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS
As fotografías entregaranse nun cd, separadas en carpetas por temas e co nome do participante no exterior do cd e en cada carpeta. As fotografías han de entegrarse nunha calidade axeitada para a súa reproducción e publicación.

XURADO FALLO E ENTREGA DE PREMIOS
O xurado estará integrado por:
-  Alcalde de Muxía

- Concelleiro/a de Cultura
- Presidente da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural
- Xurado técnico pertecente a unha escola artística ou relacionado coas artes gráficas e/ou audiovisuais.
O fallo do xurado farase público o 3 de decembro
Os criterios de avaliación do xurado serán a adecuación aos temas propostos, a creatividade e a calidade fotográfica.
A selección dos gañadores será a discreción do xurado e o seu fallo será inapelable.

PREMIOS
Tema A
1º Premio: 700 € máis diploma
2º Premio: fin de semana nunha casa rural da Asociación de Turismo Rural Muxía
Natural ( 1 noite máis cea para dúas persoas) máis diploma
3º Premio: fin de semana nunha casa rural da Asociación de Turismo Rural Muxía
Natural (1 noite máis cea para dúas persoas) máis diploma

Tema B
1º Premio: 700 € máis diploma
2º Premio: fin de semana nunha casa rural da Asociación de Turismo Rural Muxía
Natural (1 noite máis cea para dúas persoas) máis diploma
3º Premio: fin de semana nunha casa rural da Asociación de Turismo Rural Muxía
Natural (1 noite máis cea para dúas persoas) máis diploma

Tema C
1º Premio: 700 € máis diploma
2º Premio: fin de semana nunha casa rural da Asociación de Turismo Rural Muxía
Natural (1 noite máis cea para dúas persoas) máis diploma
3º Premio: fin de semana nunha casa rural da Asociación de Turismo Rural Muxía
Natural (1 noite máis cea para dúas persoas) máis diploma

USO DAS IMAXES
As obras presentadas poderán ser usadas como promoción desta maratón ou doutras edicións da mesma. Tanto as fotografías premiadas coma o resto das presentadas poderán ser usadas para unha mostra de fotografía e catálogo impreso e serán subidas á web do Concello e a da Asociación de Turismo rural Muxía Natural. Os participantes asinarán un documento de cesión dos dereitos das imaxes ao Concello de Muxía e á Asociación de Turismo rural Muxía Natural e as Casas que integran esta asociación.


MARATÓN FOTOGRÁFICA “ RAMÓN CAAMAÑO”


FOLLA DE INSCRICIÓN


HOJA DE INSCRIPCIÓN



CONCELLO DE MUXÍA

NOME E APELIDOS ( NOMBRE Y APELLIDOS) ……………………………………………………

DNI…………………………………………………………………………………………………

DATA DE NACEMENTO ( FECHA DE NACIMIENTO)……………………………………………..

ENDEREZO (DIRECCIÓN)………………………………………………………………………

TELÉFONO DE CONTACTO…………………………………………………………………….

CORREO ELECTRÓNICO………………………………………………………………………

A PERSOA QUE SE INSCRIBE ACEPTA AS BASES DO CONCURSO, E CEDE AO CONCELLO DE MUXÍA E Á “ASOCIACIÓN DE TURISMO RURAL MUXÍA NATURAL” E CASAS QUE A INTEGRAN, OS DEREITOS DAS FOTOGRAFÍAS QUE PRESENTE ( LA PERSONA QUE SE INSCRIBE ACEPTA LAS BASES DEL CONCURSO Y CEDE AL AYUNTAMIENTO DE MUXÍA Y A LA “ASOCIACIÓN DE TURISMO RURAL MUXÍA NATURAL” Y CASAS QUE LA INTEGRAN, LOS DERECHOS DE LAS FOTOGRAFÍAS QUE PRESENTE).

PARA QUE A INSCRICIÓN SEXA EFECTIVA ESTA FOLLA DEBERÁ IR ACOMPAÑADA DO RESGARDO DE INGRESO NO BANCO DA TAXA DE PARTICIPACIÓN ( 10 €), NA CONTA DO CONCELLO DE MUXÍA, EN CALQUERA DAS SEGUINTES ENTIDADES: CAIXA GALICIA, BANCO PASTOR, BANESTO OU BANCO SANTANDER.( PARA QUE LA INSCRICIÓN SEA EFECTIVA ESTA HOJA DEBERÁ IR ACOMPAÑADA DEL RESGUARDO DE INGRESO EN EL BANCO DE LA TASA DE PARTICIPACIÓN ( 10 €)

INFORMACIÓN : 981 74 20 01

Enviar documentación por fax : 981742298 ou por mail: maria.rivadulla@muxia.dicoruna.es

En………………………..a………..de……………..de 2011





Asinado, firmado

No hay comentarios: