23 mar. 2011

A TVG, en Casa de Trillo

O programa A Revista, da TVG, estará mañá, xoves, en Casa de Trillo. Ó longo da mañá recollerá a elaboración de dous pratos tradicionais, seguindo sempre a filosofía Slow Food, sinal de identidade desta casa. En concreto, serán preparados un revolto de broa con hovos caseiros, e porco celta con patacas da horta ó forno en cazola de barro de Buño. Na mesa, mantelería de liño feita a man, e un bo Ribeira Sacra, claro.
Que aproveite!