27 dic 2010

Estreo de "Man, home sen paz"

Mañá martes, 28 de decembro, día dos Santos Inocentes e data do pasamento de Man (vaia casualidade!), terá lugar na casa de cultura de Camelle, ás sete e media da tarde, o estreo do documental Man, home sen paz. No traballo opinan os seus veciños e amigos, os entendidos (Juan Creus, Antón Castro, Antón Sobral, Carmen Hermo...), e o propio Manfred. Sen dúbida, pagará a pena. Vémonos alí!



No hay comentarios: